Friday 03 de May de 2024

O Concello de Miño inicia os traballos de aglomerado da estrada da praia


• O proxecto, financiado con 15.000 euros de fondos propios, tamén inclúe a mellora de varios tramos nas zonas de Galea, Barrosa e na avenida de Xarío, en Costa Miño.
O Concello de Miño acaba de iniciar os traballos de aglomerado no pavimento da estrada da praia. Esta intervención está incluída nun proxecto de mellora de vías municipais financiado con 15.000 euros de fondos propios e que tamén afecta a tramos de Galea, Barrosa e Costa Miño.
Con esta serie de actuacións preténdense emendar danos causados polo uso das vías e o paso do tempo. Ademais da actuación na curva da estrada da praia realizaranse unha serie de melloras en varias vías do termo municipal.
Concretamente, en Costa Miño mellorarase o firme na contorna da rotonda de Avenida de Xarío coas rúas Calvela e A Cruz. Doutra banda, no centro urbano de Miño actuarase en varios tramos na Barrosa e no acceso ás pistas deportivas da Galea.
Está previsto que todas as intervencións terminen durante o día de hoxe se as condicións meteorolóxicas permíteno.